Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
  • CONSERVATORIOURENSE.ORG
  • INICIO
  • Taboleiro

Actividades mes de novembro.

Este mes de novembro comenzamos coas actividades o xoves día 7 ás 20.30h cun recital de violoncello a cargo do alumno Artei Theotonio. O recital terá lugar no Auditorio do centro.

O sábado día 9 ás 20.00h, Ignace Michiels, organista da Catedral de Brujas, Bélgica, ofrecerá un concerto na Igrexa de Nosa Señora de Fátima organizado pola asociación "Un rato no tubo".

O sábado día 16, tamén no auditorio, poderemos participar no taller "Vence tu ansiedad escénica y disfruta de tus actuaciones" impartido polo profesor Chus Vega.

Dando paso a semana do 18 ó 22 ós concertos de celebración de Santa Icía:
Luns 18 ás 19.00h Concerto de profesores no Auditorio. CANCELADO.
Martes 19 ás 19.00h Concerto de alumnos no Auditorio.
Xoves 21 pequenos momentos musicais no hall do centro ás 17.00, 18.00 e 19.00h.
E rematando o venres 22 cun Encontro-concerto co violinista José Manuel Álvarez Losada sobre a figura de Manuel Quiroga Ás 19.00h tamén no Auditorio.

Estades todos/as convidados/as.

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, se acepta el uso que hacemos de las cookies. ACEPTAR  pulsar aquí para más información.