Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
  • CONSERVATORIOURENSE.ORG
  • INICIO
  • Taboleiro

SETEMBRO 2019

20/09/2019: Podedes consultar no apartado de "descargas - matrícula 2019/20" ou aquí mesmo nesta nova uns cadros informativos sobre as materias e tempos lectivos de cada un dos cursos, para aquel alumnado que non saiba ou non teña claro qué asignaturas ten que cursar segundo o curso no que se atopa.

19/09/2019: Pequenas modificacións nas listaxes do reparto de alumnado de banda (non afectan a horario). // Publicación da listaxe de horarios dos grupos das materias teóricas, grandes agrupacións, itinerarios e optativas, etc. Tamén están publicadas as datas e horas para a elección de horarios do resto de materias instrumentais, que será entre o luns e o martes da semana próxima.

16/09/2019: AVISO - RECORDATORIO: O vindeiro xoves día 19 publicaranse tódolos horarios das materias teóricas colectivas e máis os horarios para vir recoller os de instrumento e as outras materias, así como información complementaria.

13/09/2019: Xa está publicada a listaxe cos/coas admitidos/as no conservatorio en setembro procedentes de traslados de expediente, accesos extraordinarios e dos/as aspirantes procedentes das listaxes de agarda de xuño. Todos/as os/as que aparecen nesta listaxe deberán acudir á secretaría do centro a matricularse ou a formalizar a súa situación o vindeiro luns día 16 en horario de oficina (9:00 a 14:00). Se non o fan perderán o dereita á praza obtida. Tamén está publicado un cartel co aviso sobre o prazo de matrícula.


10/09/2019: Publicación dos tribunais que xulgarán os accesos extraordinarios de setembro a cursos diferentes a 1º de grao elemental e 1º de grao profesional, xunto cos días, horas e lugares de realización dos exames. // CORRECCIÓN DE ERROS na publicación da listaxe de aspirantes matriculados para os accesos extraordinarios de setembro.

09/09/2019: Publicación da listaxe de aspirantes matriculados para os accesos extraordinarios de setembro.

07/09/2019: Publicación das prazas vacantes para os accesos de setembro a cursos diferentes a 1º de grao elemental e 1º de grao profesional. As persoas que fixeran a preinscripción nas probas e teñan ofertadas prazas vacantes para a especialidade e cursos desexados, deben matricularse o vindeiro luns 9 de setembro na secretaría do centro en horario de mañá.

30/08/2019: aviso sobre a recollida de boletíns de notas dos exames extraordinarios de setembro.

05/07/2019: Publicación do calendario completo do mes de setembro // Prazos específicos de tódalas probas e matriculacións do mes de setembro

28/06/2019: Publicación dos exames extraordinarios de setembro para aquel alumnado con materias pendentes de xuño.

17/06/2019: A partir da vindeira semana comezará a publicación de elementos referidos ó mes de setembro de 2019: exames extraordinarios, calendario xeral, prazos de matrícula, datas de accesos extraordinarios, etc. Aparecerá toda a información nesta nova do taboleiro así como na sección DESCARGAS - SETEMBRO 2019.
Para calquera cuestión, non dubiden en contactar co centro.

Descarga de documentos

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, se acepta el uso que hacemos de las cookies. ACEPTAR  pulsar aquí para más información.