Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
Benvida
Benvidos á páxina web do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Neste espazo virtual poderán atopar información referente á estrutura, funcionamento e actividades do centro.

O noso conservatorio é un centro dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación da Xunta de Galicia con máis de sesenta anos de historia, que imparte os graos Elemental e Profesional das ensinanzas de música, e que conta na actualidade con máis de 500 alumnos/as.

As nosas responsabilidades abranguen dende ofertar ao alumnado unha formación profesional acorde ao que a institución esixe, ata a difusión da música dentro da cidade.

A través desta páxina web o conservatorio quere pór á súa disposición información referente a cuestións académicas (probas de acceso, calendario escolar, lexislación, etc.) e ás actividades culturais (cursiños, masterclass, concertos, etc.) que o centro organiza regularmente.

Convídolles a visitala e aproveito para agradecerlles a confianza que depositan delegando en nós a educación dos seus fillos e fillas.

Purificación Iglesias Pateiro
Directora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense

 
 

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/{ano} Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK