O
"Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 na súa versión 04-11-2020”, pauta a
obriga de 15 minutos de ventilación ao inicio e ao remate de cada xornada (mañá ou tarde) e durante os recreos e ao remate da xornada escolar. Ademais sempre que sexa posible, entre clases e tamén, cando as condicións meteorolóxicas o permitan, durante as clases.
Non hai obriga de ter as ventás abertas todo o tempo aínda que sexa unha medida que contribúa á renovación do aire.
Lembramos que no Conservatorio,
as ventilacións realizanse ao inicio e remate de cada clase, durante 15 minutos e mediante ventilación cruzada. É dicir, 45 minutos de clase e 15 minutos de ventilación.
Aproveitamos para informar que atendendo ás distintas tipoloxías de instrumentos, casuística de cada un e diversidade de materias,
non está permitido manter as portas abertas durante o desenvolvemento das clases.
A directora