Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube

PROBAS DE ACCESO Ó CONSERVATORIO PARA O CURSO 2020-2021

PROBAS DE ACCESO Ó CONSERVATORIO PARA O CURSO 2020-2021




O venres día 29 de maio de 2020 saiu a resolución por parte da Consellería de Educación e Formación Profesional pola que se van regular as probas de acceso ó conservatorio para o curso académico 2020-2021. Poden consultar esta resolución no documento que aparece na marxe dereita desta nova.







As probas de acceso a grao elemental, independentemente do curso ó que se queira acceder, vanse realizar no mes de setembro, se ben:

- a inscrición para o 1º curso de Grao Elemental deberá facerse de xeito telemático entre os días 11 de xuño a 10 de xullo. A través desta mesma web, na zona superior, accedendo co botón de "MATRÍCULAS PROBAS DE ACCESO".

- a preinscripción para 2º, 3º ou 4º de Grao Elemental farase como viña sendo habitual, mediante chamada telefónica ó conservatorio á secretaría, na que se indicará a especialidade e o curso ó que se quere optar. En setembro aparecerán os prazos de matrícula para estas probas, xa que se ofertarán as especialidades segundo haxa prazas vacantes ou non.

En canto ás probas de acceso de Grao Profesional:

- o acceso a 1º de Grao Profesional realizarase no mes de xuño. O prazo de inscrición será dende o día 1 e ata o 10 de xuño, de xeito telemático. Poden realizala nesta mesma web, na zona superior, accedendo co botón de "MATRÍCULA PROBAS DE ACCESO".

- as probas serán telemáticas, agás nos casos que pola tipoloxía instrumental ou características propias da proba isto non sexa posible. O centro publicará o antes posible unha vez rematado o prazo de matrícula nas probas, as instrucións, tribunais, datas, horas e lugares de realización destas probas segundo especialidades. Deben permanecer atentos sempre ás novas desta páxina web. Previsiblemente faranse a partir do 15 de xuño.

DATAS A TER EN CONTA:

11 de xuño: publicación da listaxe de aspirantes admitidos/as para a realización das probas. De non aparecer na listaxe e ter feito correctamente a matrícula, contactar co centro antes do luns 15 de xuño.


26 de xuño: Publicación da listaxe de admitidos e listaxe de agarda para 1º de Grao Profesional para o curso 2020-2021
 

29 de xuño a 3 de xullo: Prazo de matrícula para o alumnado admitido no 1º curso de Grao Profesional para o curso 2020-2021​

 

  • - o acceso a 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional farase como viña sendo habitual, mediante chamada telefónica ó conservatorio á secretaría, na que se indicará a especialidade e o curso ó que se quere optar. En setembro aparecerán os prazos de matrícula para estas probas, xa que se ofertarán as especialidades segundo haxa prazas vacantes ou non.

    Para calquera cuestión relacionada coas probas de acceso, escriban un correo electrónico ó conesrvatorio: cmus.ourense@edu.xunta.es
    Permanezan sempre atentos a esta web, publicaremos tódalas novidades o antes que nos sexa posible.
    Toda esta información irá aparecendo tamén no apartado da web referente específicamente ás probas de acceso.

    Saúdos cordiais a toda a comunidade educativa.

    Deixámosvos uns vídeos para que coñezades un pouco mellor o noso centro e as especialidades que ofrecemos, especialmente pensados para aqueles que queredes acceder por 1ª vez ó mesmo. Agardamos que vos gusten!



     

Galería:

Enlaces:

Documentos:

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/{ano} Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK
En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK