Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
ORQUESTRA DE GRAO PROFESIONAL
 
Agrupación formada por uns 50 rapaces de entre 14 e 20 anos das especialidades de corda fretada (violín, viola, violoncello e contrabaixo).
A súa actividade desenvolvese ó redor do currículo  establecido no Decreto que regula as ensinanzas profesionais e  do que forma parte como materia específica das especialidades de corda.
Cun longo percorrido dende a súa implantación como materia obrigatoria, é coa súa actual directora Dª Raquel Carrera Álvarez con quen está a acadar un mellor nivel musical. O labor que se está a realizar permite afrontar un repertorio amplo e variado enmarcado nun proxecto sólido que permite acadar ó alumnado unha ensinanza musical rigorosa. A estabilidade na dirección da orquestra e o desenvolvemento deste proxecto inclúe en ocasións a participación doutros instrumentistas. Establécese así a conexión interdisciplinar propia dun conservatorio de estudos profesionais de música e por outro o enriquecemento na formación artística. 
A súa presenza é habitual na actividade dentro e fóra do centro e destacan entre as súas últimas actuacións o concerto na cidade de Miranda del Ebro (Burgos). Outras que tamén merecen lembrarse foron en Salamanca e León. 



 
Directora: Dª Raquel Carrera Álvarez
 

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/{ano} Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK