Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Instagram
  • CMUS en Youtube
Con motivo da crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19 o pasado venres 29 de maio ditáronse instrucións específicas para estas probas para este ano.

Os/as aspirantes a acceder a 1º de Grao Elemental para o curso 2020-2021 deberán inscribirse nas probas de acceso entre o 11 de xuño e o 10 de xullo. Esta inscrición haberá que facela de xeito telemático. Para iso, nesta mesma web, preman no enlace MATRÍCULA PROBAS DE ACCESO que se atopa na zona superior dereita da mesma e sigan as instrucións.
Nas instrucións que aparecen máis abaixo poden ver tamén máis información referente ás probas, á inscrición, etc.

As probas realizaranse no mes de setembro. Permanezan atentos á web unha vez rematado o prazo de inscrición, iremos publicando toda a información relativa ás probas conforme se vaian establecendo os criterios, datas, lugares, etc.

Para calquera cuestión, non dubiden en contactar co centro a través do correo electrónico: cmus.ourense@edu.xunta.es

 
Coñece os nosos instrumentos
 



Vídeo presentación do noso centro, coñece o conservatorio!
 
---------------
Nesta sección atopará toda a información relativa ás probas de acceso a 1º de Grao Elemental. Lembrámoslle que estas probas sempre se realizan no mes de xuño e que facultan para comezar o curso no seguinte mes de setembro. Toda a información sobre a lexislación, as prazas vacantes de acceso, a adxudicación de especialidades, as datas e lugares das probas, etc. poderá atopalas nos documentos colgados a continuación:
  1. Prazo de inscrición: do 11 de xuño ó 10 de xullo de 2020
  2. Datas das probas: realizaranse no mes de setembro. A información concretarase tan pronto como nos sexa comunicada.
 
  • Prazas vacantes por especialidades para o curso 2020-2021
  • Listaxe de aspirantes admitidos/as para a realización das probas (DISPOÑIBLE O DÍA 13 DE XULLO)
  • Tribunais que xulgarán as probas de acceso (datas, horas e lugares de realización dos exames)  (aínda non dispoñible)
  • Listaxe de admitidos/as no conservatorio trala realización das probas con adxudicación de especialidades (aínda non dispoñible)
  • 2ª listaxe de admitidos/as no conservatorio trala reunión de adxudicación de especialidades restantes (aínda non dispoñible)

Galería:

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016/{ano} Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.
Política de Cookies OK