O Conservatorio Profesional de Música de Ourense é un centro de ensino, dependente da Consellería de Educación e Organización Universitaria, destinado á formación de futuros profesionais da música. No noso conservatorio impártense as ensinanzas regradas de música dos graos elemental e profesional das especialidades de acordeón, canto, clarinete, clave, contrabaixo, fagot, frauta, frauta de bico, gaita galega, guitarra, oboe, órgano, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, viola da gamba, violín e violonchelo.
As programacións didácticas son os documentos nos que se concretan os obxectivos que se queren acadar, os contidos que se traballarán para acadar os obxectivos establecidos, a metodoloxía que utilizaremos para ensinar eses contidos e que procedementos de avaliación se utilizarán para comprobar os resultados obtidos polos alumnos e alumnas.
Cada unha das materias que se imparten no centro conta cunha programación que está á vosa disposición, para consulta e descarga, na sección de DESCARGAS desta páxina web.
Visita virtual
Aula de orquesta
Aula de órgano
NT 1
Aula de canto
Auditorio
Biblioteca
Pasillo de Secretaría
Aula de linguaxe
Aula de clave
Aula de percusión
Aula de violoncello
Aula de piano
Paixón pola música
Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.Datos de contacto
AVISO LEGAL | POLÍTICA DE PRIVACIDADE | POLÍTICA DE COOKIES
Copyright © 2016 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados | Zona privada // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com