Ir arriba
  • CMUS en Facebook
  • CMUS en Twitter
  • CMUS en Youtube
  • CONSERVATORIOURENSE.ORG
  • INICIO
  • Acceso e matricula

Para acceder ás ensinanzas impartidas no conservatorio cómpre superar unha proba de acceso. Existen dúas convocatorias para a realización destas probas:

  • XUÑO: Probas de acceso a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional.
  • SETEMBRO: Probas de acceso a todos os cursos dos Graos Elemental e Profesional a excepción do primeiro.

Antes da realización das probas de acceso a 1º de Grao Elemental, o Conservatorio organizará unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS que constarán de varias sesións a celebrar nos meses de maio e xuño nas que os participantes coñecerán a oferta educativa do centro e traballarán exercicios nos que se tratarán de desenvolver as capacidades auditivas, melódicas, rítmicas, psicomotrices, etc. Os interesados poderán inscribirse nestas Xornadas durante as datas publicadas polo centro (entorno a segunda quincena do mes de abril). O número de prazas ofertadas, cubertas por rigorosa orde de inscrición, será de 80 podendo participar no cursiño nenos e nenas de entre 8 e 14 anos cumpridos dentro do ano da proba.

Na sección de DESCARGAS están á vosa disposición, para consulta e descarga, documentos nos que atoparedes información sobre estas Xornadas e as probas de acceso ao Conservatorio: prazos de matrícula, prazas ofertadas, datas e horarios de realización das probas, requisitos a cumprir para poder matricularse nas mesmas, etc.

Conservatorio de Música de Ourense
Matrícula

Cando matricularse no conservatorio?

Igual que para as probas de acceso, existen dous prazos para matricularse no centro:

  • XUÑO-XULLO: Neste primeiro prazo poderán matricularse aqueles alumnos que acadaron unha cualificación positiva en todas as materias do curso anterior e os que acadaron praza no centro logo de superar as probas de acceso aos primeiros cursos dos graos elemental e profesional.
  • SETEMBRO: Neste segundo prazo poderán matricularse aqueles alumnos que, por non ter superado todas as materias do curso anterior na convocatoria de xuño, concurriron á convocatoria extraordinaria de setembro e os que acaden praza no centro logo de superar as probas de acceso aos cursos dos graos elemental e profesional distintos do primeiro.

Ampliación de matrícula

A actual lexislación establece que "é competencia do consello escolar de cada centro autorizar, con carácter excepcional, a ampliación de matrícula ao curso seguinte do alumnado que, tras a orientación do profesorado, así o solicite, sempre que o informe da totalidade do profesorado do alumno ou da alumna asegure a súa adecuada capacidade de aprendizaxe do curso actual e daquel ao que aspire a acceder." O prazo para solicitar a ampliación de matrícula remata o 31 de xaneiro.

Anulación de matrícula

Os alumnos e alumnas que así o desexen poderán solicitar a anulación da matrícula ata o 30 de abril. Respecto á anulación de matrícula cómpre subliñar o que segue:

  • Non é posible a anulación de materias soltas. Cando se solicita a anulación esta refírese ao curso completo.
  • A renuncia implica a perda da praza no centro, isto é: será preciso realizar unha nova proba de acceso para reingresar no Conservatorio.
  • A anulación da matrícula non supón, en ningún caso, a devolución das taxas abonadas no momento da matriculación.

Na sección de DESCARGAS están á vosa disposición, para consulta e descarga, documentos nos que atoparedes información sobre as condicións, documentos, trámites, etc., precisos para matricularse e para a ampliación de matrícula no Conservatorio.

Paixón pola música

Dedicámonos á formación musical do máis alto nivel, buscando a excelencia na creación e interpretación.

Teléfono de contacto
988 39 10 47

XUNTA DE GALICIA - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Datos de contacto

Fondo Social Europeo

AVISO LEGAL  |  POLÍTICA DE PRIVACIDADE  |  POLÍTICA DE COOKIES

Copyright © 2016 Conservatorio de Música de Ourense - Todos os dereitos reservados  |  Zona privada  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, se acepta el uso que hacemos de las cookies. ACEPTAR  pulsar aquí para más información.