Conservartorio de música de Ourense

www.conservatoriourense.org / Portada / Administracion /
Non ten instalado o PlugIn Adobe Flash Player ou ben a versión instalada está obsoleta.
Descargue unha versión máis actualizada eiquí.
CMUS OURENSE
 
Blog do Equipo de Normalización Lingüística do CMUS Ourense
 
centrosNet
Ensinanzas Especiais
 

Xunta de Galicia

Administración
conservatorio de música de ourense
Contacto
www.conservatoriourense.org
Nesta sección estará á vosa disposición información referente aos estudios que se poden realizar no conservatorio, probas de acceso, convocatorias, lexislación, etc.
¿QUE É O CONSERVATORIO?

O Conservatorio Profesional de Música de Ourense é un centro de ensino, dependente da Consellería de Educación e Organización Universitaria, destinado á formación de futuros profesionais da música. No noso conservatorio impártense as ensinanzas regradas de música dos graos elemental e profesional das especialidades de acordeón, canto, clarinete, clave, contrabaixo, fagot, frauta, gaita galega, guitarra, oboe, órgano, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, violín e violonchelo.
¿COMO ACCEDER Ó CONSERVATORIO?
Para acceder ás ensinanzas impartidas no conservatorio cómpre superar unha proba de acceso. Existen dúas convocatorias para a realización destas probas:
CMUSXUÑO: probas de acceso a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional.
CMUSSETEMBRO: probas de acceso a todos os cursos dos Graos Elemental e Profesional a excepción do primeiro.

Antes da realización das probas de acceso a 1º de Grao Elemental o Conservatorio organizará un CURSIÑO PREPARATORIO que constará de varias sesións a celebrar nos meses de maio e xuño nas que os participantes coñecerán a oferta educativa do centro e traballarán exercicios nos que  se tratarán de desenvolver as capacidades auditivas, melódicas, rítmicas, psicomotrices, etc., que se valoran nas probas de acceso. Os interesados poderán inscribirse no cursiño preparatorio entre o 20 e o 30 de abril. O número de prazas ofertadas, cubertas por rigorosa orde de inscrición, será de 50 podendo participar no cursiño nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

Na sección de DESCARGAS están á vosa disposición, para consulta e descarga, documentos nos que atoparedes información sobre o cursiño preparatorio e as probas de acceso ao Conservatorio: prazos de matrícula, prazas ofertadas, datas e horarios de realización das probas, requisitos a cumprir para poder matricularse nas mesmas, etc.

 
¿CANDO MATRICULARSE NO CONSERVATORIO?
Igual que para as probas de acceso, existen dous prazos para matricularse no centro:
CMUSXUÑO-XULLO: neste primeiro prazo poderán matricularse aqueles alumnos que acadaron unha cualificación positiva en todas as materias do curso anterior e os que acadaron praza no centro logo de superar as probas de acceso aos primeiros cursos dos graos elemental e profesional.
CMUSSETEMBRO: neste segundo prazo poderán matricularse aqueles alumnos que, por non ter superado todas as materias do curso anterior na convocatoria de xuño, concurriron á convocatoria extraordinaria de setembro e os que acaden praza no centro logo de superar as probas de acceso aos cursos dos graos elemental e profesional distintos do primeiro.
Na sección de DESCARGAS  están á vosa disposición, para consulta e descarga, documentos nos que atoparedes información sobre as condicións, documentos, trámites, etc., precisos para matricularse no Conservatorio.
AMPLIACIÓN DE MATRÍCULA
A actual lexislación establece que "é competencia do consello escolar de cada centro autorizar, con carácter excepcional, a ampliación de matrícula ao curso seguinte do alumnado que, tras a orientación do profesorado, así o solicite, sempre que o informe da totalidade do profesorado do alumno ou da alumna asegure a súa adecuada capacidade de aprendizaxe do curso actual e daquel ao que aspire a acceder." O prazo para solicitar a ampliación de matrícula remata o 31 de xaneiro.
Na sección de DESCARGAS  están á vosa disposición, para consulta e descarga, documentos nos que atoparedes información sobre as condicións, documentos, lexislación aplicable, etc., precisos para solicitar a ampliación de matrícula.
ANULACIÓN DE MATRÍCULA
Os alumnos e alumnas que así o desexen poderán solicitar a anulación da matrícula ata o 30 de abril. Respecto á anulación de matrícula cómpre subliñar o que segue:
CMUSNon é posible a anulación de materias soltas. Cando se solicita a anulación esta refírese ao curso completo.
CMUSA renuncia implica a perda da praza no centro, isto é: será preciso realizar unha nova proba de acceso para reingresar no Conservatorio.
CMUSA anulación da matrícula non supón, en ningún caso, a devolución das taxas abonadas no momento da matriculación.
 
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As programacións didácticas son os documentos nos que se concretan os obxectivos que se queren acadar, os contidos que se traballarán para acadar os obxectivos establecidos, a metodoloxía que utilizaremos para ensinar eses contidos e que procedementos de avaliación se utilizarán para comprobar os resultados obtidos polos alumnos e alumnas.

Cada unha das materias que se imparten no centro conta cunha programación que está á vosa disposición, para consulta e descarga, na sección de  DESCARGAS desta páxina web.

 
OUTRAS COUSAS DE INTERESE

Na sección de  DESCARGAS atoparedes, ademais de información referente ás probas de acceso, matrícula e programacións, documentos referentes ao calendario escolar, lexislación específica do ensino musical,convocatorias de exames, tribunais, oferta de vacantes, instancias, etc., que, cremos, poden servos de moita utilidade.

 

Avenida Pablo Iglesias s/n 32004 Ourense - Telf.: +34 988 391 047 - Fax: +34 988 391 971 - E-mail: cmus.ourense@edu.xunta.es
Portada | Administración | Descargas | Taboleiro | Biblioteca | Organigrama | ¿Onde estamos? | Ligazóns
© 2007/09 CMUS Ourense | Aviso legal | Política de privacidade | Deseño e programación Grupo5.com